Unha muller recibe unha carta que o cambiará todo.
Unha curtametraxe profundamente humana e tráxica, expoñendo con crueza a soidade de quen envellece nun mundo que os marxina, e reflicte a precariedade dun sistema que arrinca raíces sen mirar atrás.
BIOFILMOGRAFÍA
Cineasta de orixe canaria, Anatael Pérez leva desde hai máis de 10 anos unha prolífica carreira no mundo da curtametraxe e os festivais de cinema.
Máis de 50 curtametraxes levan a súa firma desde que crease en 2004 a marca Anatael Productions, especializándose na rama de deseño de produción e dirección de arte.