Daniel entra nun banco para sacar diñeiro. Aténdeo Romualdo, un señor de 80 anos con modais antigos e respostas que non encaixan. O que parecía un trámite sinxelo convértese aos poucos nunha experiencia absurda, onde nada funciona como debería e o mozo empeza a perder a paciencia. Entre normas que cambian sobre a marcha e vaciles xeracionais, Daniel vese atrapado nunha lóxica que non entende... e que ninguén se molesta en explicarlle.
BIOFILMOGRAFÍA
É coñecida principalmente por formar parte do dúo cómico As Raras, xunto a Paloma Jiménez. Actualmente, dedícase á investigación de técnicas de improvisación desde a verdade, aplicadas á creación de espectáculos textuais.
Atópase de xira coa súa obra unipersoal Todas as mulleres que habito. Foi premiada en diversos festivais, tanto a nivel nacional como internacional. Recentemente, foi candidata aos Premios Max 2025 nas categorías de Mellor Obra Revelación e Mellor Autoría Revelación.
É autora, directora e actriz de varias curtametraxes, entre os que destacan En xeral e Á Cubana.