Inés é unha ama de casa xubilada que visita diariamente a tumba do seu defunto marido, entre cigarro e cigarro, Inés confésalle ao seu marido pequenas mentiras que lle contara en vida, pero todo cambia cando aparece Mabel, unha amiga do pasado que volveu á súa cidade natal tras 40 anos vivindo fóra, a aparición de Mabel, reabre un trauma que que Inés esquecera.
BIOFILMOGRAFÍA
Cunha sólida traxectoria no ámbito audiovisual, José A. Gutiérrez desenvolveu a maior parte da súa carreira nos departamentos de fotografía e iluminación, acumulando experiencia tamén como Gaffer en producións publicitarias e de ficción. Traballou como Director de Fotografía na película Coraxe (Rebollo, 2025) e nos curtametraxes Cornete, As ondas do mar sempre volven, Cigarras, Fama caduca, Crack ou Que hai no té?, ademais do documental Olé Paco!.
Formado como Director de Fotografía en SchoolTraining Málaga, en 2025 decide dar o salto á dirección e o guión coa súa primeira curtametraxe, Inés, estreado no concurso SanFer Short 2025, onde obtivo o Golden Rainbow á Mellor Curta, o Premio do Público Pride Baía Sur, o Premio a Mellor Dirección e o Premio a mellor Intérprete.