Berta solicitou legalmente a eutanasia, pero o proceso acumula xa cen días de atraso. Agora enfróntase a unha cirurxía protocolaria e, por unha cadea de baixas médicas, a encargada de operala resulta ser a súa irmá Carmen.
BIOFILMOGRAFÍA
Alfredo Andreu é director, guionista e escritor. Tras licenciarse en Farmacia, formouse en dirección en The New York Film Academy (Los Ángeles) e na escola CEV de Madrid. Tamén estudou interpretación e participou como actor na serie Néboa (RTVE). Dirixiu cinco curtametraxes e en 2024 foi nomeado “Talento Emerxente Aragonés” polo Gobierno de Aragón e é autor da novela Cisne de Papel (Mira Editores, 2023).